Skip to topic | Skip to bottom
Home
Search:

Devel
Devel.SindicaCMIglr1.3 - 23 May 2006 - 22:43 - AlsteRtopic end
You are here: Devel > SindicaCMIgl

Start of topic | Skip to actions

Português(galego) | Galego (RAG) | Español | Local.English

O CMI Galiza disponibiliza os editoriais e as notícias nun formato que te permite incluílas no teu sitio web ou mesmo mostralas directamente no teu navegador mentras navegas por outras páxinas. Esto é o que se chama "sindicación de contidos", e nesta páxina explicamos cómo podes sindicarte aos editoriais e ás notícias que aparecen no CMI Galiza, no CMI Portugal ou no CMI Global de Indymedia.

Desta forma, cada vez que un novo editorial ou unha nova notícia sexa publicada en calquera deses tres sitios, aparecerá automáticamente no teu sitio web ou directamente no teu navegador. No caso do CMI Galiza, poderás ademais mostrar un listado só de aquelas notícias que se correspondan cun determinado tópico (língua, muller, autodeterminación...) do teu interese.

Sindicación no teu navegador (Firefox)

A sindicación no navegador significa que poderás mostrar un listado actualizado dos editoriais e noticias do CMI Galiza na barra esquerda do teu navegador (Firefox). A vantaxe é que poderás mostrar en todo momento un listado actualizado das notícias que son publicadas no CMI Galiza mentras navegas ao mesmo tempo por outras páxinas.

Para facer esto, só tes que instalar a extensión Sage e despois indicarlle a ubicación do ficheiro que che interesa mostrar.

Instalación de Sage

  1. Se xa tes instalado o Firefox, pasa ao punto 2. Caso de que non o teñas instalado, vaite a http://www.mozilla.org/products/firefox/ , descarga o programa e instálao do modo habitual.
  2. Vai agora á páxina de instalación do Sage: http://sage.mozdev.org/installation.html
  3. Fai click en "click here to install"
  4. Apareceráche unha xanela no navegador; pulsa "install now" ou a opción correspondente no teu idioma.
  5. Agarda a que termine a descarga
  6. Cando termine a descarga, pecha o navegador (todas as xanelas que teñas abertas)

Configuración

  1. Reinicia o navegador. Vaite a "Tools" (Ferramentas) e escolle "Sage"
  2. Verás que se desprega unha barra lateral á esquerda. Clica en "Options" e despois "Manage Feedlist"
  3. Clica "New Bookmark" (Novo Marcador)
  4. Na nova xanela que se desprega, indica no Campo "Location" a ubicación do ficheiro RDF que che interesa (mira o listado "Ubicación dos Ficheiros RDF do CMI Galiza" abaixo nesta mesma páxina)
  5. Enche tamén o campo "Name" cun nome descriptivo; por exemplo CMI Galiza.
  6. Preme "Ok".

Feito esto, xa tes instalado o Sage e configurado para mostrar as notícias do CMI Galiza. Verás que no recadro superior da barra lateral aparecerá unha entrada "CMI Galiza" (ou o que puxeras no campo "Name"). Se clicas nela, verás que se desprega o listado de notícias que escolleras.

Para sindicarte aos contidos do CMI Portugal ou do CMI Global da Indymedia, engade un novo marcador seguindo os pasos detallados para a configuración do Sage, substituíndo o RDF do CMI Galiza polo RDF do CMI correspondente. Podes ter tantos marcadores como ficheiros RDF teñas disponíbeis.

Ubicación dos ficheiros RDF

ATENCIÓN: Neste momento estamos poñendo a andar o sistema de sindicación no CMI Galiza; podería suceder que algúns destes ficheiros non se correspondan de momento co contido. Se o que queres é probar cómo funciona o sistema de sindicación, escolle mellor algúns dos RDF do CMI Portugal ou do CMI Global da Indymedia. Cando desapareza esta mensaxe, entón estarán funcionando os RDF do CMI Galiza con seguridade wink

CMI Galiza: editoriais

Podes sindicar só os titulares, co cal terás que clicar no titular para mostrar o contido (resumo, texto, media...), ou ben sindicar o contido directamente:

CMI Galiza: todas as notícias

Da mesma maneira podes mostrar as últimas notícias que son publicadas no CMI:

CMI Galiza: Notícias só dun tópico determinado

Se só estiveras interesad@ en mostrar as notícias dun determinado tópico, tes que substituir o anterior enlace por un dos seguintes:

Tópico Só titulares Contidos
Sexualidades http://galiza.indymedia.org/sexo-newswire.rss http://galiza.indymedia.org/sexo-newswire-content.rss
Ecologia http://galiza.indymedia.org/sexo-newswire.rss http://galiza.indymedia.org/sexo-newswire-content.rss
Prisión http://galiza.indymedia.org/prision-newswire.rss http://galiza.indymedia.org/prision-newswire-content.rss
Discriminación http://galiza.indymedia.org/discrimina-newswire.rss http://galiza.indymedia.org/discrimina-newswire-content.rss
Muller http://galiza.indymedia.org/mulher-newswire.rss http://galiza.indymedia.org/mulher-newswire-content.rss
Saúde http://galiza.indymedia.org/saude-newswire.rss http://galiza.indymedia.org/saude-newswire-content.rss
Especulación http://galiza.indymedia.org/especuleishon-newswire.rss http://galiza.indymedia.org/especuleishon-newswire-content.rss
Redes http://galiza.indymedia.org/redes-newswire.rss http://galiza.indymedia.org/redes-newswire.rss
Direitos Humanos http://galiza.indymedia.org/ddhh-newswire.rss http://galiza.indymedia.org/ddhh-newswire-content.rss
Convocatórias http://galiza.indymedia.org/convoca-newswire.rss http://galiza.indymedia.org/convoca-newswire-content.rss
Laboral http://galiza.indymedia.org/precariado-newswire.rss http://galiza.indymedia.org/precariado-newswire.rss
Resistencia Global http://galiza.indymedia.org/resiste-newswire.rss http://galiza.indymedia.org/resiste-newswire-content.rss
Globalización http://galiza.indymedia.org/globaliza-newswire.rss http://galiza.indymedia.org/globaliza-newswire-content.rss
Arte http://galiza.indymedia.org/arte-newswire.rss http://galiza.indymedia.org/arte-newswire.rss
Autodeterminación http://galiza.indymedia.org/autodeter-newswire.rss http://galiza.indymedia.org/autodeter-newswire-content.rss
Culturas http://galiza.indymedia.org/culturas-newswire.rss http://galiza.indymedia.org/culturas-newswire-content.rss
Guerra http://galiza.indymedia.org/guerra-newswire.rss http://galiza.indymedia.org/guerra-newswire.rss
Língua http://galiza.indymedia.org/galego-newswire.rss http://galiza.indymedia.org/galego-newswire-content.rss
Política http://galiza.indymedia.org/politicos-newswire.rss http://galiza.indymedia.org/politicos-newswire-content.rss
Represión http://galiza.indymedia.org/represion-newswire.rss http://galiza.indymedia.org/represion-newswire-content.rss

CMI Portugal: editoriais

Podes atopar o ficheiro RDF do CMI de Portugal aquí:

Tes máis información sobre a sindicación dos contidos do CMI de Portugal nesta páxina: http://pt.indymedia.org/ler.php?numero=26741&cidade=1

CMI Global da Indymedia: editoriais

Sindicación no teu sitio web (para webmasters)

Síntete livre de sindicar os nosos contidos no teu site; só terás que indicarlle ao teu parser XML/RSS a ubicación do ficheiro RDF correspondente.

-- StrafWetBoek - 23 Nov 2004

-- PedroIR - 21 May 2006
to top


Devel.SindicaCMIgl moved from Local.SindicaCMIgl on 23 May 2006 - 22:44 by AlsteR - put it back
You are here: Devel > SindicaCMIgl

to top

Copyright © 1999-2008 by the contributing authors.
All material on this collaboration platform is the property of the contributing authors.
Ideas, requests, problems regarding this tool? Send feedback (in English, Francais, Deutsch or Dutch).