Skip to topic | Skip to bottom
Home
Search:

Global
Global.DecisionMakingGuideGlr1.2 - 25 Oct 2004 - 15:42 - StrafWetBoektopic end
You are here: Global > CurrentWebDocuments > DecisionMakingGuide > DecisionMakingGuideGl

Start of topic | Skip to actions
Also available in: English | Galego | Português | Español

Guía breve para a 'toma de decisión por consenso'

Introdución

Temos oido falar moito do termo 'consenso' e moi probabelmente sabemos que é utilizado para a toma de decisions na rede Indymedia. Nembargantes, parece que continúa habendo dúbidas sobre qué é realmente ou cómo funciona.

Este documento trata de explicar -en poucas palabras- cómo funciona ou debería funcionar o sistema decisional nos Centros de Media Independentes, e cómo se aplican os consensos.

Se queres engadir algo a este texto, por favor anota as túas modificacións abaixo asinándoas, e se podes avísame por correo.

Qué cousa é a 'toma de decisións por consenso' ?

O consenso é unha forma de xestión que se aplica aos CMI da rede global para levar adiante o proceso de toma de decisións. Se ben a maior parte do traballo nos CMI se fai en base ao traballo voluntario compulsivo e na práctica habitual, algunhas veces xurde a necesidade de tomar decisións importantes que afectan a todo o grupo en conxunto. Esto pode incluír decisións de caracter politico, cambios nos princípios básicos do grupo, obxectivos a curto ou longo prazo, cuestións financieiras ou accións do colectivo contra unha persona do grupo como expulsións e cousas similares

O sistema de toma de decisións por consenso non é o mesmo que democracia. O termo 'democracia', equivalente a 'mandato do pobo' suxire a necesidade de estructuras de poder onde uns teñen máis poder que outros. Fácilmente pode entenderse 'mandato do pobo' por 'mandato da maioría'.

Nas nosas sociedades é preciso ser conscientes de que non pode existir unha maioría sen minorías, xa que esa maioría non pode ter o dereito de excluír ou discriminar ás minorías.

Todas as opinións deben ser tidas en conta. Todo o mundo forma parte de algunha minoría. E cada minoría ten as súas próprias cuestións ou necesidades que deben ser respectadas, con independencia do que pense a maioría. Debe ser unha motivación nesta rede promover esta forma de entender as cousas eliminando os modos tradicionais de exclusión das minorías, estructuras xerárquicas onde as decisións son tomadas no topo e as responsabilidades asumidas abaixo.

Se ben o consenso é algo novo na súa implementación política, non é de feito nengún novo modelo teórico para a xestión das sociedades, senón un comportamento básico das dinámicas nas sociedades humanas. Pensa en 'decisión a través de consenso' como unha intuición de mútua confianza e respeito entre os membros dun grupo social.

É moi probabel que xa teñas utilizado o consenso para tomar decisións en moitas ocasións na túa vida. Tomemos un exemplo:

Sexa un grupo de xente que está a planear unha comida nun parque. Unha desas personas obxecta a esa proposta propoñendo ir ao cine en lugar deso. Naturalmente, se todo o mundo quere ir a comer ao campo, non é probabel que todo o grupo decida sacrificar o seu día debido ás especiais necesidades dunha soa persona. Esta persona debe subxectivarse e seguir a proposta do grupo se quere continuar integrado no grupo.

Pero se esa persona obxecta aos plans do grupo en termos coma estes: "Penso que non é unha boa idea ir ao campo, por que parece que vai comezar chover, entón estamos enfrentandonos a unha cuestión diferente. O grupo enfrentase agora a unha opinión nova ante a que cada membro do grupo se ve forzado a pensar. Se a maior parte do grupo aínda pensan que continúa sendo unha boa idea ir ao campo, entón estamos na mesma situación que antes. Pero se o razonamento que hai detrás desta obxección semella razonabel e ten a suficiente certeza (esto é, a posibilidade de que realmente vaia chover), podería propagarse por sí mesma no grupo até un ponto no que acabemos escollendo ir ao cine en lugar de ir ao campo. Neste caso, chegamos a un novo consenso, debido á suficiente certeza e razonabilidade da obxección feita por un individuo minoritário.

Moi probabelmente teñas experimentado moitas situacións coma esta. Ilustra o poder da opinión individual no contexto dun grupo, onde pode pesar máis unha minoría sobre a opinión maioritária.

Calquera grupo ou sociedade cunha mínima capacidade intelectual é capaz de comprender as bases de traballo de consenso para tomar decisións. Sendo que os membros dese grupo teñen a intelixencia suficiente para preferir non empaparse comendo baixo a choiva, eles saberán que decisión tomar de acordo coa información que teñan disponibel.

Se aínda así o grupo insiste en mollarse comendo baixo a choiva, terá que ser decisión do individuo discordante escoller entre ir co grupo ou ir ao cine só. Se no grupo se reflexan as dúas opcións, terán tanto a opción de separarse en dous grupos ou apelar á democracia directa para tomar unha decisión. Nese caso, terán que recurrir ao voto decidindo por maioría.

No día a día, a democracia por votos só é utilizada como un recurso final, e nunca até que o sistema decisional por consenso teña probado que non leva a ningures, é dizer, só cando é preciso tomar unha decisión urxente.

O procedemento de toma de decisións por consenso máis básico

Simplificando, pode decirse que o consenso por sí mesmo non define regras universais. É máis ben un proceso intuitivo e progresivo de atopar o acordo entre partes que comparten mutuamente principios de cooperación.

A semántica do termo 'consenso' fai referéncia ao seguinte:

a) xeral acordo b) a opinión compartida

Tan difuso como sona, o conceito 'consenso' é tan simple como poida ser. Básicamente significa que unha decisión ou práctica ou calquera outra cousa só ten caracter 'oficial' se, ou tanto como esté apoiada de forma xeral, esto é, que haxa consenso en xeral.

Si se respeita unha decisión tomada con anterioridade até o ponto de preservar o seu estatus 'oficial' até que unha nova decisión consensual sexa tomada, mesmo cando aquela decisión podería ser obsoleta, é considerada como práctica común, e polo tanto forma tamén parte do consenso grupal.

A toma de decisión por consenso xeralmente implica tempo. Require que a opinión daquelas personas máis implicadas sexa escoitada e que a xente teña o tempo suficiente para poder consideralo. Moitas decisións poden violar o consenso se foron feitas sen a participación das personas envolvidas.

A toma de decisións baseada en consenso cualificada colectivamente debe seguir un patrón básico similar a este:

1. Formúlase unha proposta.

Hay dous tipos principais de propostas:

a) aquelas que son o resultado da discusión previa e que superaron o proceso de posta en común e discusión.

Deben ser breves, de modo que todas as personas involucradas poidan entender en qué consisten, resumindo as aportacións que proceden do debate e debe ser claras, fáciles de comprender establecendo claramente en qué consiste a proposta final.

b) aquelas propostas que son completamente novas para o colectivo e o producto dunha única persona ou do traballo dun único grupo dese colectivo.

É preciso ser tan breve como sexa posibel na túa proposta tendo en consideración a aqueles que poderían non saber de qué vai todo eso. Non a fagas complicada. Unha proposta que é demasiado difícil de comprender, ou demasiado exhaustiva para ser lida por todo o mundo podería ser rexeitada precisamente por eso.

A característica dunha boa proposta non é o que trate de ser 'exitosa' no senso ordinario, competitivo da palabra, senón en ser obxectiva e contribuir ao proxecto. Canto menos apoloxía personal haxa nela, e canto menos discordia crees coa túa proposta, máis en serio será tomada e polo tanto, máis éxito poderá ter en ser útil para o proxecto.

2. Chegan obxeccións ás propostas, alteracións, suxestións ou contra-propostas

Asegúrate de que as túas obxeccións son de natureza constructiva. Explica de forma breve e claramente as túas obxeccións sobre a proposta orixinal e por que debería ser diferente. Se é posibel, trata de poñer manifesto o que consideras positivo da proposta orixinal.

Se vas suxerir unha contra-proposta, asegúrate de que é realmente necesaria ou que non pode ser convertida nunha engádega á proposta anterior. Cando suxiras algunha, fai todo o claro que sexa posibel por qué pensas que é necesario facelo así, e cales son polo tanto as diferenzas de raíz coa orixinal. Trata de dar a impresión de qué un producto complementario, e non un competitivo e destructivo.

Como grupo, dalle á xente tempo suficiente como para pensar sobre o tema. As decisións baseadas en consenso precisan tempo. Non todo o mundo está a seguir as discusións na lista todos os días. Se moitas obxeccións, alteracións ou contra-propostas chegan, pensa que é preciso extender a data para a toma de decisión e trata de que todo o mundo o saiba.

3. Ofrecer unha proposta revisada que poida satisfacer mellor a opinión colectiva do grupo.

Cando o grupo colectivo ten distintas apreciacións sobre partes específicas da túa proposta, especialmente cando aquelas que poden impedir que a proposta sexa aceitada, entón é cando debes ofrecer a túa versión revisada no seu lugar.

Esto pode ser feito en múltiples ocasións, con todo, debe ser feita só si é realmente necesaria, esto é, se a proposta orixinal foi tan modificada que non poida xa ser claro para alguén que a proposta cambiou. Trata de facer saber a todo o mundo que a proposta previa foi descartada en favor desta nova para que ninguén fique confundido, de maneira que o grupo non acabe tendo que tratar con diversas propostas similares pero distintas ao mesmo tempo.

Se unha proposta é reemplazada por unha nova modificada, a data para tomar a decision debe ser extendida de acordo coas prácticas comúns no grupo - xeralmente, debe ser reposto outra vez o tempo establecido.

4. Acéitase unha proposta.

Se as personas concernidas tiveron o suficiente tempo para evaluar a proposta, ou si se chegou a un acordo previo sobre a data para a toma de decisión e esa data chegou, e a proposta parece ter a aceptación xeral sen obxeccións de importancia, considérase aprobada. Absterse de emitir opinión é entendido como 'non desacordar' coa proposta (silencio consensual).

Entón a proposta toma forma a través dos mecanismos habituais do grupo ou a través do proceso definido na proposta.

5. A proposta é rexeitada.

Se unha proposta non consigue a aceptación xeral antes da data de aceptación, ou se non consigue o suficiente apoio en primeira instancia, considérase 'blocada'.

Restriccións sobre como e cando pode ser feita outra proposta sobre o mesmo tema, despois de que a proposta previa teña sido rexeitada, deben ser aplicadas de acordo coas liñas de traballo do grupo ou do proxecto.

Con todo, é xeralmente serguro que cando unha proposta acaba de ser rexeitada, repetila sen grandes esforzos por facer modificacións substanciais nela non terá éxito.

Por favor, consulta as guías de traballo do teu grupo ou proxecto para proceder na toma de decisións.

Exemplos: ligazóns a guías de traballo específicas sobre toma de decisións. flurrp.

Qué é unha 'obxección'?

Unha obxección ocurre cando unha persona ou un grupo de personas expresan a súa opinión para opoñerse a unha idea. Pode ser feita traendo asuntos concernentes a determinada idea, suxerindo alteracións a ela ou ofrecendo contra propostas.

What is a 'block' ?

Se a maior parte da xente ou das opinións deciden contra unha proposta ou unha idea ou se decide abandonala por falta de apoios, entón temos o que se considera un 'bloqueo'.

De feito, un bloqueo non é unha acción por sí mesma, senón un estado da proposta unha vez que houbo unha decisión en contra en base ao consenso. Neste caso dise que a "proposta foi blocada".

Polo tanto, ningunha persona individual ou grupo pode de feito 'blocar' a proposta de ninguén - e debería ser complicado fazer eso contra o consenso xeral. Todo o que pode fazer é obxectar unha proposta, aportar cuestións, ofrecer unha contra-proposta e entón agardar polo resto da xente para que a evalúe contra a proposta orixinal para cambiar a súa opinión.

Se unha proposta non ten o suficiente apoio ou se o debate chega aun ponto morto, en espcial cando unha minoría fai unha proposta contra o sentimento maioritario, ou se unha decisión conflictiva pode significar un sacrificio da integridade do grupo, un bloqueo pode ser proposto en base a que levar adiante esa proposta contra o fluxo de traballo do grupo é unha violación contra os principios do grupo en sí mesmo. En moitos casos esto leva a un retardo moi sano no proceso decisional consensual, dandolle a todo o mundo a oportunidade de avaliar mellor ou ás veces a unha nova tentativa que o grupo comece cunha perspectiva distinta.

En calquera caso, sen importar o motivo polo que un bloqueo sexa proposto, sempre ficará á vontade do consenso colectivo e nunca pode ser utilizado como un veto! Fazer esa distinción é crucial. Non son a mesma cousa e non poden ser confundidas.

Qué sucede se alguén interrumpe continuamente ou trata de impedir o traballo do grupo opoñéndose de forma insistente ao que fai o grupo?

En primeiro lugar, tal como foi descrito máis arriba, unha única persona ou grupo dentro de outro numero maior de grupos non debería ter o dereito a vetar ou blocar o consenso, per se. De feito un bloqueo é o consenso en sí mesmo, polo cal unha proposta é rexeitada.

Por suposto, unha persona pode pedir un bloqueo, ou mesmo esixilo, baseandose que sexan protexidos os principios do grupo ou o grupo en sí mesmo de ser danadas por unha mala decisión. Con todo, o bloqueo está suxeito ao consenso das personas concernidas nese asunto.

O consenso só funciona se unha comunidade ten unha comprensión mutua dos valores básicos e dos obxectivos, como os sinalados nos nosos Principios de Unidade de rede para preservar a integridade, a colaboración pacífica, antiracismo, etc.

Se unha persona ou grupo de personas están a interrumpir a comunidade ou impiden o seu funcionamento, ou se simplemente non están a contribuir de forma intelixibel, estáran sen máis violando o consenso.

Quen viola o consenso de forma disruptiva non forma necesariamente parte del, e polo tanto a comunidade pode reservarse o dereito de impedir que permaneza nela. En nengún caso debería este elemento molesto por ningunha razón ter o dereito de veto sobre a comundade, posto que ninguén máis ten -nin debe ter- ese dereito.

De forma natural, quen viola o consenso nunca debería ter espectativas de que os seus 'bloqueos' teñan un peso significativo no colectivo.

Qué outros sistemas decisionais existen?

Democrácia representativa: 'democracia' tal como a coñecemos.

Representatives are elected, who are then making the decisions for you. Its initial idea was to insure only those with sufficient expertise would be in charge of important matters while giving the general public a means of asserting control over its decision makers.

These safeguards, however, are easily circumvented and representatives tend to overrate their qualifications by manipulating or hiding crucial information or by barring the general public from access to means of self-education.

A practical example of representative democracy at Indymedia would be the concept of 'liaisons' or spokesmen - individuals acting as a voice for their entire working group or IMC and participating in meetings or global working lists on their behalf.

The process by which any such liaisons are determined and the system by which they function should be be thought out very carefully by their respective collectives. Short-term rotation of optionally randomly selected liaisons/spokesmen, complete openness of their actions, the requirement of no less than two or three individuals acting as a liaison/spokesman or limiting their responsibilities to consultatory work, rather than decision making, can help prevent abuse.

Democracia directa: todo o mundo ten dereito a voto directo nas decisións.

With the general public's increase in education and bigger access to resources and tools, direct democracy is becoming ever more sustainable. However, its decisions are still subject to majority rule and generally ignore minority opinion. Even a 2/3 majority on a decision would effectively exclude 1/3 of the general public and fail to pay sufficient attention to its concerns.

An apparent downside to directly democratic decision making on mailing lists or other forms of online-communication is that to effectively determine wether a decision is really in support of the majority of all those affected would require knowledge of how many individuals there really were, taking into account the possibility of multiple membership entries by the same individual, multiple individuals using a joint account for participation and the likelihood of deserted accounts.

It would also not place opinions against one another for evaluation subject only to reason, but multiply any opinion by the number of its supporters, thereby encouraging the crude practice of strength in numbers, which generally distorts an opinion's true value.

Tecnocracia: xestión da sociedade por expertos técnicos.

While this may seem a bit more efficient than representative or direct democracy, it is at the same time less democratic. It generally disregards the fact that technologically less savvy individuals should very well have a say in how things are run, especially - and fundamentally - if the decisions are affecting them as well.

On the other hand, 'Open Publication' content management systems, such as IMCs use them for publishing material to a wider audience, attempt to enable ordinary people to easily post news items or similar information and thus eliminate the neccessity of technical expertise in order to be able to express one's opinion.

It should also be understood that before giving technology, or privileges for access to it, away to a minority of tech-savvy individuals, attempts should be made to educate the general public in your technology and enable them to be empowered. Thereby, minimizing again the risk of abuse.

Autocracia: sistema decisional xerárquico.

Although by many regarded as a no-no, autocracy (or dictatorship) can sometimes actually be appropriate. Especially in times of crisis, where quick decisions -best made by a designated expert- are crucial, and where consensus-based or democratic decision making would simply be too slow or insecure. One such example would be the Apollo missions to the moon, or more importantly Apollo 13's return mission to Earth, which were directed by a single mission commander.

However, the Independent Media Center will hardly qualify for this approach, as its members aren't organized in a pyramidical system of commanding authorities and people following their orders. In times of journalistic crisis, where quick decisions are needed, activists would rather organize in spontaneous chaos of horizontally collaborating action groups and make decisions based on improvised intuition. The clear advantage of this kind of crisis management is that by comparison to top-to-bottom structures that convey responsibilty to a single entity, a singular bad decision won't weigh in as much, or even spoil the entire mission.

So in our terms, anything like autocracy or dictatorship should still be avoided.

-- MicMatic - 21 Oct 2002

Outros pontos de vista sobre consenso. - ConflictResolution

Por favor, consulta os distintos documentos ligados dende ConflictResolution - xa que aínda que moitas das cuestións plantexadas na descrición anterior son consistentes con outros pontos de vista, o conceito de bloqueo (ou veto) descrito arriba é un punto de vista sobre consenso minoritario. Esto non significa que esté errado, por suposto... -- BouD - 26 Apr 2003

Adenda feita por alguén que non é o autor

Gustaríame resaltar que outros documentos no twiki e en numerosas fontes descreben un ponto de vista distinto sobre o que é un bloqueo e quen pode inicialo. O ponto de vista expresado neste documento é distinto na descrición dos bloqueos en moitos manuais, libros sobre consenso, e históricos sobre consenso. A diferenza é moi significativa, tanto en termos loxísticos como nos razonamentos éticos que subxacen a esto. Esta adenda é unha de -- JohnWindmueller - 05 Jan 2003


-- StrafWetBoek - 30 Jul 2004 Tradución ao galego (incompleta)
to top

You are here: Global > CurrentWebDocuments > DecisionMakingGuide > DecisionMakingGuideGl

to top

Copyright © 1999-2008 by the contributing authors.
All material on this collaboration platform is the property of the contributing authors.
Ideas, requests, problems regarding this tool? Send feedback (in English, Francais, Deutsch or Dutch).