Skip to topic | Skip to bottom
Home
Search:

Local
Local.CmiGalizaRecursosDeReder1.5 - 11 Nov 2006 - 16:50 - PedroIRtopic end
You are here: Local > ImcGaliza > CmiGlReferencias > CmiGalizaRecursosDeRede

Start of topic | Skip to actions

Recursos de rede do CMI Galiza

Nesta páxina mantemos información actualizada sobre os recursos de rede do CMI Galiza para facilitar o seu mantenemento e a incorporación de nova xente ao traballo tech

CMS (o motor)

Código fonte

Plantillas

CSS

Servidores

Producción

O servidor de producción é traven.indymedia.org, e pode accederse dende o dominio prod.galiza.indymedia.org. En caso de que falle, basta enviar unha mensaxe para traven-tech(at)lists.indymedia.org que chegará a todos os admins do servidor.

Para rexenerar os contidos e outras operacións accesibeis dende o CMS, é posibel entrar dende http://prod.galiza.indymedia.org/galiza/

Caso de que sexa precisa axuda relacionada co funcionamento do MIR (por exemplo que tarde moito en xenerar as novas páxinas ou que non se poida publicar e similares), o mellor modo é entrar na canle #mir e perguntar.

Espellos

Unha vez que as páxinas son producidas no/s servidor/es de producción, cópianse aos espellos que son os que as mostran cando alguén as visita. Nestes momentos temos dous espellos, un primario e outro de respaldo que se actualiza coa mesma frecuéncia.

Primario

Nestes momentos o espello primario é ahimsa.indymedia.org na IP 216.17.145.95. En caso de que ese servidor deixe de funcionar, pode amañarse contactando directamente cos admins a través desta dirección de correo: ahimsa-tech(at)lists.indymedia.org. Caso de que non haxa resposta, é posibel contactar con eles a través da lista ou da canle #tech.

Secundario

Por se falla o espello primario, temos un espello secundario actualizandose coa mesma frecuéncia que o primario. Trátase de bulgaria.public-internet.org e, en caso de que deixe de funcionar o servidor primário é preciso avisar na lista dns(at)lists.indymedia.org para que apunten o noso dominio galiza.indymedia.org e www.galiza.indymedia.org para a IP 195.85.245.11. Unha vez funcionando, en caso de que falle, o mellor é enviar un correo a root(at)nth-dimension.org.uk que chegará a todos os administradores do servidor. Igual que nos outros casos, a lista e a canle #tech son útiles en caso de que eso non funcione.

Respaldos

Faise automáticamente unha copia de respaldo do HTML e o media xenerado cada 3 minutos tanto no servidor de producción como no espello secundario. Adicionalmente faise unha copia de todo esto cada día para o servidor patxiIII.causaencantada.org. En caso de que sexa preciso acceder ao respaldo deste servidor, escreber a hacklab@causaencantadaSTOPSPAM.org

Ademais do HTML e o media, tamén hai respaldos do código fonte, do CSS e da base de datos. No caso do código fonte e do CSS é preciso copiar o directorio mir do servidor de producción ao directorio public_html nun ficheiro chamado mir.tgz. Caso de que sexa modificado o CSS, copialo tamén nese mesmo directorio. A base de datos cópiase regularmente mediante pg_dump a un ficheiro chamado galizadb.bck que tamén se cópia nese directorio. O contido deste directorio replícase aos espellos automáticamente.

Listas de correo

Canle #galiza (IRC)

Twiki (documentación)

-- StrafWetBoek - 17 Jan 2005 -- pedro - 11 Nov 2006
to top


Local.CmiGalizaRecursosDeRede moved from Local.RecursosDeRedeDoCMIGaliza on 09 Feb 2006 - 11:34 by AlsteR - put it back
You are here: Local > ImcGaliza > CmiGlReferencias > CmiGalizaRecursosDeRede

to top

Copyright © 1999-2008 by the contributing authors.
All material on this collaboration platform is the property of the contributing authors.
Ideas, requests, problems regarding this tool? Send feedback (in English, Francais, Deutsch or Dutch).