Skip to topic | Skip to bottom
Home
Search:

Local
Local.ContactaCMIglr1.2 - 21 Oct 2006 - 20:17 - AlsteRtopic end
You are here: Local > ContactaCMIgz > ContactaCMIpt > ContactaCMIgl

Start of topic | Skip to actions

Português (galego) | Galego (RAG) | Español | English

Nesta páxina atoparás a información precisa para facernos chegar unha mensaxe, charlar con nós a través de internet ou participar no próximo encontro presencial.

Se tes dúbidas sobre o funcionamento de Indymedia ou do CMI, podes tratar de resolvelas na documentación que disponibilizamos na páxina wiki do CMI. E se estás interesad@ en te inscreber na lista de traballo do CMI, atoparás información detallada no formulário de novos membros.

Envía-nos unha mensaxe

Se queres facernos chegar unha mensaxe, podes facelo directamente dende o teu correio electrónico enviando a mensaxe á dirección imc-galiza@lists.indymediaSTOPSPAM.org (o de STOPSPAM non tes que poñelo: a segunda parte da dirección sería só: @lists.indymedia.org Aparece aquí só para evitar que esa dirección sexa agregada automáticamente como destino do SPAM: correo-lixo, publicidade e demais).

Desta forma a túa mensaxe chegará á nosa lista de traballo e será distribuída a todas as personas que conformamos o colectivo do CMI Galiza. En caso de que non poidas empregar o teu correo, podes fazernos chegar a túa mensaxe enviando o formulário que tes máis abaixo. Neste caso, non esquezas indicar a túa direción de correio para que te poidamos contestar!

E por favor, ten en conta que a mensaxe chegará a unha lista pública. Isto quer dizer que todas as mensaxes estarán acessíveis no arquivo da lista.

O teu nome:
O teu correio electrónico
A túa súa mensaxe.

Charla con nós

A través de internet poderás falar (escrebendo) con nós en tempo real. Esto faise a través dunha tecnoloxía chamada IRC (Internet Relay Chat) que disponibiliza distintas "salas", "chat" ou "batepapo" cada unha dunha temática distinta.

A cousa é moi simples: só tes que indicarlle ao teu cliente de IRC que se conecte ao servidor IRC da Indymedia, que está en: irc.indymedia.org e unha vez dentro, entrar na canle #portugaliza (que compartimos coa xente do CMI de Portugal), na canle #galiza ou calquera outra que sexa do teu interese. Aínda que podes facelo empregando menúes, sempre terás a posibilidade de facelo executando comandos.

Para conectarte podes empregar este comando:

/connect irc.indymedia.org
Para escoller um alcume (nick, ou nickname):
/nick o_teu_alcume
Para entrar -ou mesmo crear- unha canle (por exemplo: #portugaliza, #galiza, #indymedia...)
/join #canle
(lembra poñer a # antes do nome da canle!)

Se aínda non tes instalado un cliente de IRC no teu computador, tes várias opcións.

1. A mellor opción: o IRSSI

A forma máis óptima de conectarte ao IRC no que se refire á túa -e á nosa- privacidade e no uso responsabel da tecnoloxía, é instalando un cliente IRC seguro no teu GNU/ Linux. Aínda que existen moitos clientes IRC para GNU/ Linux, aconsellámoste empregar o IRSSI, que a diferenza dos máis populares (XChat, ou BitchX?) non inclúe conceitos sexistas no seu deseño. Se empregas GNU/ Linux Debian Sarge, bastará con que executes esta instrucción para instalalo:

apt-get install irssi-snapshot

Este cliente ofréceche a opción de criptografar as conversas de forma automática e transparente. Esto é útil para comunicar cousas coma números de teléfone, direccións postais, chaves de acceso e outros datos sensíbeis, ademais de que oculta a túa IP (identificador) de procedéncia. Para empregar o criptografado é preciso conectar ao servidor de IRC polo porto 994; no caso do IRSSI podes facelo de forma moi sinxela empregando este comando:

/connect -ssl irc.indymecia.org 994

O IRSSI ademais ten outra vantaxe: está disponibel para outros sistemas operativos como MacOS? (Cocoa) ou mesmo Windows. Tanto se tes GNU/ Linux (calquera distribución) coma se executas outro sistema operativo, só terás que entrar na páxina de descarga do IRSSI e fazer o habitual para instalar calquera programa. No caso do Windows tamén poderás empregar o IRSSI mais deberás instalar previamente as CYGWIN, que te permitirán ter un pequeno GNU/ Linux no teu PC; atoparás instruccións para fazer esto tamén na páxina de descargas do IRSSI.

2. Outros clientes de IRC

Existe unha grande variedade de clientes de IRC adecuados ás necesidades de cada quen, que funcionan en diversos sistemas operativos. Algúns exemplos son estes:

  • O Chatzilla é o cliente IRC que ven incorporado no navegador Mozilla. Se non o tes instalado, descargao e instálao segundo o acostumado no teu sistema operativo. Unha vez aberto o Mozilla, só terás que localizar no menú a entrada do Chatzilla, e indicarlle o servidor e a sala á que te queres conectar.
  • Tamén hai un cliente que podes executar directamente dende o teu navegador se tes instalado o motor Java. Só tes que entrar nesa ligazón e seguir as instrucións que atoparás alí. En caso de que non consigas entrar sigue as instrucións do teu navegador para instalar o motor Java e tentao depois de novo.
  • Se nengunha das solucións anteriores funciona no teu caso, pergunta á xente que tes máis cerca ou emprega Google para atopar máis información. Nesta páxina de ligazóns sobre IRC poderás atopar máis información.

Acude ao próximo encontro aberto

A participación é a ferramenta chave dos CMI. A máis importante é a publicación autónoma de notícias empregando a ferramenta de publicación aberta. Pero todos os CMI son xestionados por un colectivo de persoas que se voluntarizan para mantelos en funcionamento tanto no aspecto técnico coma no aspecto editorial.

Aínda que as decisións son tomadas na lista para garantir a transparencia e igualdade, no CMI Galiza mantemos encontros periódicos cando é preciso sobre as cuestións que son tratadas na lista. Adicionalmente, mantemos tamén encontros abertos para difundir o proxecto e facilitar o acercamento da xente interesada en participar ou coñecernos mellor.

Se queres saber cando será o próximo encontro aberto poderás facelo dende a páxina dos encontros do CMI Galiza na que imos actualizando as convocatórias e dispobinilizando os resumos do falado.

-- StrafWetBoek - 24 Nov 2004

-- StrafWetBoek - 01 Dec 2004
to top


You are here: Local > ContactaCMIgz > ContactaCMIpt > ContactaCMIgl

to top

Copyright © 1999-2008 by the contributing authors.
All material on this collaboration platform is the property of the contributing authors.
Ideas, requests, problems regarding this tool? Send feedback (in English, Francais, Deutsch or Dutch).