Documento fundacional do IMC Galiza no que se expom a Declaração de Principios deste IMC. Em construção permanente.
Declaração de Principios
Imos reconstruir esas ruínas e habemos vivir nelas.Habemos vivir libres. 1991. Dende então: a Casa Encantada
imos convertir o lixo em máquinas e despois em redes. Habemos comunicar libres. 2001. Dende então: mentes comunicando a través de máquinas (um pouco torpes pero telépatas, eso é o que somos)
e
imos facer marabillas marabillosas
...pero había um erro no formulário así que cando Ana que é de Bilbo pero
em Londres temtou contactar com nós -nós somos tod@s- umha máquina
respostou aquelo que continha a primeira mensagem á que respostamos esta
vez cos datos correctos e agardando a resposta foi que ela cum ejemplo de
como Scotland foi, adjuntaba aquel aviso de John de USA decindo que aínda
não até que Boud de todas partes não decindo RTFM dixo
HowTo? para que do
unknown error nascera imc-galiza de listworks e ajudaba a calor de
Libertino do Urugüay que nos invitaba a participar e Jó de Portugal decía
ASAP por que xa dead-line se e só se
Mission Statement +
Editorial Policy +
ImcNantesPrinciples of Union Agreement +
Membership Criteria Agreement não precisamente nesta orde e coma em 1936 caminhabamos acompanhados de zert, matze e flow: Galiza com Euskadi Catalunya e Rojo Madrid caminho de galiza.indymedia.org IN A 217.127.70.150 ...
imos facer maravillas marabilhosas
WHERE: Galiza@ Europa @ Terra
HOW: in galician language using GNU software and recycled hardware
WHY: "GZ is not a valid ISO Country Code", por ejemplo
WHEN: Levamos uns cantos séculos aquí.
MORE: Bemvid@ ao nodo de Indymedia em Galiza.Calquera pode publicar libremente os seus materiais que aparecerán sem filtros na columna da esquerda.
- A intención é dotar á galiza dunha canle de comunicación aberta, plural e independente, en vista de q a tendencia xeralizada na zona é uniformar os discursos e censurar calqueira visión q non suscriba eses parámetros de uniformidade.
- A necesidade ven suscitada po.la actual situación política mundial e particularmente po.la q atravesa o noso país atlántico, tras a crise socio-ecolóxica do prestige e a viruléncia da guerra global permanente.
- O obxetivo é dinamizar expansivamente as estructuras de intercambio de información nunha liña cercana a transmisión oral tradicional, (principalmente en linguas galegas) pero usando medios telemáticos q permitan unha difusión máis efectiva e que capaciten á poboación civil para a reflexión e a actuación no social de xeito autónomo, non regulado e non regulable.
- SOBRE A NORMATIVA ORTOGRÁFICA: O noso idioma é o galego. Visto o cacaomarabilhao que temos coa normativa, que cada quem escreba como melhor entenda e así caberemos tod@s. Aquí hai gente para todos os gustos: oficialistas, mínimos, máximos, localistas, hiperenxebristas, pt_GZ e outras misteriosas variantes.
- SOBRE A CUESTIÃO DE GÊNERO: Sabías q o primeiro programa de ordenador foi escrito por umha mulher? Coida o uso das marcas de género... ou comezarán a pasar cousas raras na túa máquina...quedas avisad@.
- imos fazer marabilhas maravilhosas... e tí?
por que debemos insistir em que habemos seguir a fazer marabilhas marabilhosas...
Reunid@s no entorno da Casa Encantada o 14 de abril de 2003, día da República.
(Nota: respeitouse a grafía -mesturada- original deste documento, tal como foi remitido ás listas globais para a súa aprobaçom)
--
StrafWetBoek - 29 Jul 2004
to top