Skip to topic | Skip to bottom
Home
Search:

Local
Local.DiscriminaciónPositivaPtr1.3 - 21 Oct 2006 - 20:31 - AlsteRtopic end
You are here: Local > ImcGaliza > CmiGalizaStatus > DiscriminaciónPositiva > DiscriminaciónPositivaEn > DiscriminaciónPositivaGl > DiscriminaciónPositivaGlAGAL > DiscriminaciónPositivaGlPT > DiscriminaciónPositivaPt

Start of topic | Skip to actions
<<< Voltar á página de Estado do CMI Galiza
Português (Galego) | Galego (RAG) | Espanhol | English|

Discriminación positiva en Indymedia

PENDENTE: PASAR ESTO A PORTUGUÊS (GALEGO)

Este documento trata de reflexionar sobre a aplicación de critérios de discriminación positiva no contexto da rede Indymedia tomando como referéncia casos prácticos de resolución de conflictos baseados en situacións de desigualdade.

Sobre a discriminación positiva

A discriminación positiva (en_US: affirmative action, en_GB: positive discrimination) é unha doctrina que defende a excepción do principio de igualdade para compensar os efectos acumulativos dos perxuizos sufridos por un determinado grupo meiante accións proactivas encamiñadas a beneficiar o seu acceso aos recursos comúns e mellorar a diversidade.

A doctrina de discriminación positiva conta cun amplo desenvolvemento teórico no estados unidos onde comezou a ser desenvolta nos anos sesenta para garantir a igualdade de oportunidade no acceso a postos de traballo da administración pública. En Europa foron aplicadas políticas de discriminación positiva establecendo cotas para garantir a presenza de mulleres en sindicatos, partidos políticos e demais organizacións e institucións da democracia representativa.

Discriminación positiva en Indymedia

A rede Indymedia está baseada nos principios de igualdade, descentralización e autonomía local, e por tanto é no ámbito dos distintos CMI e grupos de traballo global onde poderemos materializar o noso compromiso coa diversidade. Este compromiso maniféstase en distintos níveis:

  • En tanto que colectivo autoxestionado organizámonos a través dun sistema comunicacional baseado no consenso que ten lugar a través de canles abertas á participación e capaces de garantir a transparencia dos procesos decisionais.
  • En tanto que meio de comunicación, mantemos unha ferramenta de publicación aberta onde sexa posibel publicar automáticamente e de forma anónima noticias que á súa vez poden ser comentadas.

Non parecen ser necesarias por tanto, políticas de discriminación positiva para reflexar a través dos CMI a diversidade presente das nosas comunidades xa que traballamos empregando canles abertas á participación que en todo caso é sempre voluntaria e individual. Únicamente podemos obxectar as dificultades de alfabetización e acceso á tecnoloxía que limitan en moitos casos a participación dos grupos máis desfavorecidos. Neste caso cada CMI deberá atopar o xeito de reducir esas barreiras, creando ou establecendo vías de colaboración con proxectos locais como centros sociais que faciliten o acceso e alfabetizen no uso da Indymedia ou adaptando as ferramentas e os métodos de traballo á realidade local para garantir no posibel a participación máis diversa posibel.

Esto non impide que poidan darse casos en Indymedia nos que constatemos situacións discriminatórias, de inxustiza social ou desigualdade que deberemos afrontar como parte dos procesos de transformación social que promovemos. Nestes casos non será infrecuente pensar na discriminación positiva como unha boa solución para favorecer aos grupos discriminados. Pero antes de decidirnos por unha solución baseada na excepción do principio de igualdade, deberíamos reconsiderar a problemática tratando de identificar as carencias das canles que establecemos para facilitar a participación colectiva. Na maior parte dos casos bastará un pequeno esforzo de alfabetización sobre o seu uso e quizá unha adaptación que satisfaga as necesidades dos grupos minorizados para solventar o problema.

O caso de IMC-women

IMC-women é un grupo de traballo global da Indymedia que funciona como lugar de encontro de mulleres que participan na rede Indymedia.

Este grupo de traballo constatou cómo no ámbito dos colectivos da rede Indymedia se reproducían estructuras e comportamentos patriarcais. O artigo Techies de esquerdas e patriarcado realizaba un censo comparativo nos distintos CMI poñendo de relevancia que as mulleres constituían unha minoría. Dentro desta minoría, as mulleres asumían roles de caracter editorial frente ao rol técnico asumido polos homes.

Se ben tería sido posibel plantexar un sistema de cotas para garantizar a presenza de máis mulleres e outras medidas que se corresponderían cunha política de discriminación positiva, a proposta de imc-women que se fixo consistiu en incorporar tres cuestións ao formulario de entrada de novos CMI na rede de forma a que plantexaran a cuestión da diversidade en relación a identidade de xenero entre outras. A discusión sobre esta proposta logrou chamar a atención e que se falara do tema nos distintos CMI e finalmente foi aprobada e as preguntas incluídas no proceso de adhesión de novos CMI á rede Indymedia.

Esta proposta demostra cómo é posibel tomar medidas proactivas sen facer excepcións ao criterio de igualdade.

O caso do CMI Galiza

O independentismo é un movemento que propugna a independencia política dun país. No estado español existen diversos movementos independentistas dos cais o máis coñecido é o MLNV (Movemento de Liberación Nacional Vasco) a través da súa organización político-militar ETA (Euskadi Ta Askatasuna). No caso de Galiza o movemento independentista aglutina a diversos colectivos e partidos políticos de ideoloxía comunista en torno ao MLNG (Movemento de Liberación Nacional Galego).

A raíz dos atentados do 11 de marzo en Madrid e das movilizacións contra a guerra resulta cuestionado o posicionamento do MLNG (Movemento de Liberación Nacional Galego) que é definido como un proxecto de carácter político-militar. Todo esto xenera unha situación de tensión dialéctica en medio da cal aparece un comentario asinado por un compañeiro do CMI Galiza afirmando a existencia dun acordo polo que o CMI estaría aplicando un critério de discriminación positiva para o MLNG.

O comentario é retirado por outro compañeiro do CMI entendendo que a personalidade do compañeiro fora suplantada xa que este acordo que nunca fora reflexado nas listas. Na discusión que acompaña a reposición e modificación do comentario revélase en cambio que este era un tema falado, debatido e acordado nas tres últimas reunións presenciais aínda que tampouco aparecía reflexada nos resumos que se distribuíron á finalización deses encontros: Compostela (20031220), Setúbal (20040207) e Porto (20040306).

Neste ponto atopámonos nunha situación de conflicto total. A independencia do CMI é cuestionada debido a existencia dun acordo destinado a beneficiar a determinadas opcións políticas. O sistema decisional é cuestionado posto que trata de validarse un acordo que non fora alargado á través da lista para a súa discusión. E todo acaba derivando en enfrentamentos personais que impiden a comunicación para resolver os conflictos plantexados.

Para resolver esta complexa situación formúlase a proposta de discriminación positiva e alárgase a todo o colectivo a través da lista. Pouco despois convócase un encontro no IRC co obxecto de rematar os enfrentamentos personais e esclarecer o sucedido. Este encontro tería lugar o 20040401 na canle #portugaliza e nel as personas que defendían a validez do acordo sobre discriminación positiva deciden separarse temporalmente do colectivo. A pesar de que a proposta de discriminación positiva é obxectada, posponse a decisión á resolución da posta en común sobre Locais de decision ? onde está a ser discutida a autoridade dos encontros presenciais no contexto do sistema decisional.

O proceso de discusión continuou até o quinto encontro do CMI Portugaliza celebrado en Vigo (20040508). Neste encontro foi consensual considerar as reunións físicas como un medio de materialización de propostas a ser ratificadas na lista, agás aquelas cuestións de traballo máis práctico. Finalmente son acordados os textos fundacionais do CMI Portugaliza onde non se reflexa a proposta de discriminación positiva para partidos ou organizacións políticas por considerar que este criterio editorial compromete a independencia do CMI.

Como consecuencia deste proceso todas as personas que participan no CMI a través da ferramenta de publicación aberta saben que o fan en igualdade de condicións e que a política editorial se aplica por igual a todas. Cando os colectivos independentistas son silenciados ou criminalizados a través dos meios de comunicación de masas, atopan no CMI un meio de comunicación onde poden expresar a súa visión das cousas. A ausencia de criterios de discriminación positiva permite que o resto de colectivos poidan facer o mesmo en pé de igualdade.

-- StrafWetBoek - 17 Sep 2004
to top


Copyright © 1999-2008 by the contributing authors.
All material on this collaboration platform is the property of the contributing authors.
Ideas, requests, problems regarding this tool? Send feedback (in English, Francais, Deutsch or Dutch).