Skip to topic
|
Skip to bottom
Search:
only on '
Local
'
WikiWeb
Local
Home
Register
Lost password?
Help
Browse encrypted
Local Web
Home page
What's new
Topics
Search
RSS
All sections
Global network
Local IMCs
Tech
Sandbox
Edit
Attach
Printable
Local.FormularioParaNovosMembros
r1.12 - 21 Oct 2006 - 20:23 -
AlsteR
topic end
You are here:
Local
>
ImcGaliza
>
CmiGlReferencias
>
FiliaciónDeNovosNodosENovosMembros
>
FormularioParaNovosMembros
Start of topic |
Skip to actions
Galego-Português
|
Galego-RAG
|
English
|
Espanhol
CMI Galiza - Formulario para novos membros
Benvid@ ao formulario de inscrición de novos membros do CMI de Galiza.
O proceso de integración de novos membros na rede Indymedia busca asegurarse de que os colectivos locais sexan capaces de manter a súa autonomía ao tempo que tod@s nós asumimos as referéncias que manteñen a nosa unidade. É necesario que todas as persoas que desexen participar en Indymedia coñezan e concorden previamente cos nosos principios e modo de funcionamento. Ao mesmo tempo é necesaria unha pequena presentación para coñecernos tod@s na lista.
Esa é a función deste formulario. Unha vez cuberto, a túa solicitude chegará ás listas de distribución de correo do CMI Galiza. Con base ao seu contido pode ser necesaria unha posta en común contigo, polo que é necesario que indiques correctamente o teu enderezo de correo. Se todo vai ben, serás invitado a inscribirte na lista pública do CMI Galiza.
Introducción á rede Indymedia
A fortaleza da rede Indymedia provén directamente da súa estructura organizativa; nomeadamente unha rede descentralizada de colectivos autónomos cuxos recursos compartidos permiten a creación dunha infraestrutura social e dixital independente de estados e poderes económicos. Hai dúas clases de colectivos autónomos na rede Indymedia: os grupos de traballo global e os CMI locais.
CMI significa Centro de Media Independente -Independent Media Center (IMC)-. Os CMI son medios de comunicación que realizan unha acción directa informativa baseada nas contribucións de persoas que se tornan elas mesmas xornalistas independentes. Cada CMI pon a disposición unha ferramenta coa que cada xornalista independente pode publicar de forma anónima noticias e documentos multimedia, ademais de exercer un labor crítico achegando comentarios aos artigos que son publicados. Esta é a forma chave de participación na rede Indymedia e non deberías encher este formulario se non tes experimentado con ela ou non coñeces o seu funcionamento.
A nosa intención como movemento de comunicación é construír esa estrutura de xeito que, dunha parte, teñamos CMI locais autónomos distribuídos por todo o planeta e doutra parte permanezamos unidos nunha organización reticular que permita a colaboración en níveis normalmente reservados aos intereses estatais e corporativos. A extensión da rede é efectiva como alternativa a sistemas que abusan do seu poder e está directamente vencellada coa nosa capacidade para crear estruturas descentralizadas. Xustamente, é a nosa capacidade para sermos flexíbeis ao tempo que permanecemos unidos a que demostrou a súa eficacia.
Concordancia cos principios e criterios da rede
Consulta os
Principios de Unidade
e os
Criterios de Filiación
. Se concordas con eles, fai un breve comentario sobre o que significan para tí.
Todos os grupos autónomos de Indymedia asumen o sistema de
toma de decisións de forma consensuada
como un proceso aberto, transparente e igualitario. Cóntanos a túa experiencia se a tes na toma de decisións por consenso.
O proceso de toma de decisións ten lugar basicamente a través das listas de distribución de correo, con encontros no IRC e físicos cando é necesario. Cóntanos a túa experiéncia, se a tes, en traballo en grupo a través da rede.
Concordancia coa política editorial do CMI Galiza
Consulta a
Declaración de Principios
e mais a
Política Editorial
do CMI Galiza. Se concordas con elas, fai un breve comentario sobre o que significan para tí.
Consulta os
Textos fundacionais
do CMI Portugaliza. Fai un breve comentario sobre o que significa este proxecto para tí.
O nodo galego ten unha serie de discusións en curso e chegou a consensos sobre determinadas cuestións. Por favor consulta a
páxina de estado do CMI
e comentanos o que podes aportar ao respecto.
Presentación de introducción na lista
Fai unha pequena presentación contándonos por qué estás interesado en participar no CMI, .
Sobre a túa experiencia participativa. Participas/ participaches en algún colectivo/ partido político/ cooperativa/ organizacións...? Participaches nalgún outro CMI? Se é así, indícanos en cales.
Escrebe o teu nome (ten en conta que te inscribirás nunha lista pública. Isto quere dicir que todas as mensaxes estarán accesibeis no
arquivo da lista
.
Escrebe o teu enderezo de correo
Áreas nas que te interesa traballar
Traduccións (especifica:)
Correspondente (texto)
Correspondente (audio)
Correspondente (vídeo)
Edición e moderación
Técnico (*unix)
Grafista (Cabeceira e CSS)
Legal
Finanzas
Outros (especifica:)
to top
End of topic
Skip to action links
|
Back to top
Edit
|
Attach image or document
|
Printable version
|
Raw text
|
More topic actions
Revisions: | r1.12 |
>
|
r1.11
|
>
|
r1.10
|
Total page history
|
Backlinks
You are here:
Local
>
ImcGaliza
>
CmiGlReferencias
>
FiliaciónDeNovosNodosENovosMembros
>
FormularioParaNovosMembros
to top
Copyright © 1999-2008 by the contributing authors.
All material on this collaboration platform is the property of the contributing authors.
Ideas, requests, problems regarding this tool?
Send feedback
(in English, Francais, Deutsch or Dutch).