<<<< Voltar á página de Estado do CMI Galiza
Português (galego) |
Galego (RAG) |
Español |
English
PENDENTE: PASAR ESTO A PORTUGUÊS (GALEGO)
Locais de decisión
Este documento trata de reflexionar sobre os lugares onde deben ter lugar os procesos decisionais baseados no consenso no contexto da rede Indymedia tomando como referéncia casos prácticos de resolución de conflictos referidos a esta cuestión.
Sobre o sistema decisional en Indymedia
Todos os CMI da rede Indymedia asumen a necesidade de traballar en base á participación voluntaria e á toma de decisións por consenso. Para que esto sexa posíbel é preciso seguir procesos de comunicación transparentes e que permitan a participación igualitaria dos seus membros. Dada a natureza electrónica do meio, as listas de distribución de correo configúranse como a canle principal para a participación e a toma de decisións nos CMI xunto cos encontros presenciais que poden ter lugar no IRC ou físicamente.
A principal vantaxe das listas en comparación cos encontros presenciais é que permiten a participación de todos os membros do CMI con independencia da súa ubicación física e disponibilidade de tempo. A principal vantaxe dos encontros presenciais é que permiten unha toma de decisión máis rápida aportando recursos comunicacioniais que non están presentes no correo electrónico (simultaneidade, linguaxe corporal). A principal carencia dos meios de comunicación electrónicos é a despersonalización, algo que pode representar unha barreira para a participación dos movementos sociais tradicionais. Pola súa parte, a principal carencia dos encontros físicos é a súa forte dependencia de disponibilidade xeográfica e horária.
Posto que cada unha destas canles permiten a toma de decisións pode chegar a suceder que se sobrepoñan mútuamente causando conflictos sobre a validez dos acordos (por exemplo un acordo tomado nunha conversa no IRC onde non participaron todos os membros do CMI). Para evitar que xurdan conflictos desta natureza, é importante que o uso dos distintos recursos de comunicación sexa adaptado ás necesidades características de cada CMI. Unha vez consensuado, debe ser descrito e disponibilizado de forma que o sistema decisional do CMI esté claro tanto para os seus membros como para os que desexen integrarse nel.
Aínda así, a evolución das necesidades dos CMI ao longo do tempo, a incorporación de novos proxectos ou incluso determinadas situacións puntuais poden ser causa de conflictos desta natureza. Nestes casos, a experiencia dos demais CMI será moi útil como referéncia para a súa resolución.
O caso do CMI Portugaliza
O
ImcPortugaliza é un proxecto transnacional que xurdiu para xuntar progresivamente aos CMI de Galiza e Portugal nun único CMI. A posta en marcha da lista conxunta imc-portugaliza propiciou o progresivo acercamento de ambos colectivos organizando reunións mensuais e traballando en torno a proxectos como a posta en marcha dunha páxina de vídeos, unha publicación en papel ou a elaboración dunha política editorial común. No transcurrir deste proceso de acercamento os dous CMI manifestaron a través da lista conxunta disensos en torno a unha mesma cuestión: o lugar onde deben ser tomadas as decisións.
O primeiro conflicto manifestouse en torno ao proxecto de publicación en papel que fora iniciado polo colectivo portugués e posteriormente integrada no proxecto portugalego no
encontro do Porto de 20040306. A súa elaboración tivo lugar principalmente en encontros presenciais, empregando a lista para unha función testimonial até que a publicación é imprimida e publicada o 20 de marzo dese mesmo ano. Esto provoca que un compañeiro manifeste a súa
vontade de abandonar o colectivo portugués por sentir que non foran reflectidas as súas propostas debido a esta dinámica de traballo.
Para resolver esta situación convocouse un
encontro no IRC que tería lugar a finais dese mesmo mes para esclarecer a situación. Púxose de manifesto a dificuldade de materializar unha publicación en papel traballando a través de listas, así como a necesidade de empregar a lista para tomar as decisións abrangentes ao CMI, ademais de constatar que nengunha decisión fora tomada con má vontade. Restableceuse así a cordialidade e finalmente este compañeiro decide permanecer no colectivo portugalego desagregado de núcleos ao chegarmos a un compromiso colectivo para continuar na lista o traballo da publicación en papel e iniciar unha posta en común para acercar distintas posturas sobre o sistema decisional.
O segundo conflicto chegaría á lista conxunta inmediatamente despois, iniciado esta vez no CMI Galiza en relación á política editorial conxunta. O comentario dun compañeiro nunha discusión do CMI Galiza afirma a existencia dun acordo polo que se estaría aplicando un criterio de
discriminación positiva para determinadas formacións políticas. O comentario é retirado por outro compañeiro que descoñece a existencia deste acordo. Na discusión que sigue revélase que o acordo foi discutido nos últimos encontros presenciais do CMI Portugaliza en relación á política editorial sin que fora alargado á lista. Esta situación provoca que dous compañeiros manifesten a súa vontade de abandonar o colectivo e que o asunto trascenda á lista portugalega.
Para esclarecer o conflicto formúlase na lista conxunta a proposta de discriminación positiva e convócase un segundo
encontro no IRC que tería lugar poucos días despois do anterior. A tensión emocional do encontro impide que os compañeiros desistan de abandonar o colectivo debido a disensos de fondo no funcionamento do CMI e a discusión continúa nas listas cuestionando distintos aspectos da aplicación do sistema consensual.
Finalmente a discusión sobre onde deben ser tomadas as decisións conclúe dous meses despois de ter sido iniciada, cando ten lugar o
quinto encontro do CMI Portugaliza celebrado en Vigo (20040508) onde resultou consensual considerar as reunións físicas como un medio de materialización de propostas a ser ratificadas na lista, agás aquelas cuestións de traballo máis práctico.
--
StrafWetBoek - 16 Sep 2004
to top